Viaxes

Pensar a Voces

COMEZAN ESTE fin de semana (dende o Venres 2 de Setembro) os II Encontros de Filosofía na Costa da Morte, co tema este ano de «A Pregunta pola Música ou Pensar a Voces». Organizado por Javier Turnes (un dos introdutores do libro Chamamento, publicado por Axóuxere na colección Clío) e Pablo Seoane, músico e escritor. Entre os patrocinadores está a Universidade Cromática das Virtudes e o Concello de Cee. O Encontro realizarase todos os Venres e Sábados deste mes de Setembro, entre a Casa do Concello de Cee e a Terraza do Hórreo de Corcubión. E contará coa participación de variad@s escritores e ensaístas, aparte de científicos e artistas. Tentarán, como din os organizadores: «Expoñerse a ese fenómeno sen analoxía chamado ´música´. Afrontar a tarefa de pensar a súa soberanía. Tamén os lugares aos que tal poder nos traslada. As ocasións cara as que a música nos perde. Pensar as marxes entre as que a música dispón o frondoso territorio da súa xurisdicción: o silencio e o ruido, a memoria e o esquecemento, a cura e a perdición, o Tempo -os tempos- e o espazo, o azar e a orde, o anxélico e o bestial… A ciencia e a poesia.» Entre @s poñentes estarán: Abe Rábade, Luis Soto, Anxo Rabuñal, Ignacio Castro, Ana Justo, Monserrat Merino, etc. Podes ver un detallado programa das actividades aquí. Dende Axóuxere animávosmos a que vos acheguedes. A forza da Corta da Morte fainos pensar.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios