Levamos tempo matinando nun proxecto de intercambio de coñecementos, de experiencias, de traballo común na elaboración de textos literarios, e pensamos darlle a forma dunha escola. Unha escola nómade de escrita. Nómade, non pola súa itinerancia física, mais si pola apertura cara a campos da creación literaria non fixados de antemán, polo decorrer permanente dos sendeiros creativos. Unha escola dinámica na que o factor vivencial, comunitario, é fundamental. Por iso a importancia de descontextualizala dos centros e modos regrados habituais. Por iso un lugar, Rianxo, onde a fervenza literaria foi sempre da man da súa cultura tradicional comunitaria. A literatura como uso e creación do común. Se estás interesad@ en participar ou colaborar con este proxecto podes escribirnos aquí.