Ignacio Castro Rey

Ignacio Castro Rey (Santiago de Compostela, 1952). Filósofo, escritor, crítico de arte e profundo amante da música. Ateigado de constantes involucracións sociais e comunitarias, actualmente reside en Madrid, donde exerce como profesor de Filosofía nun Instituto de Ensino Medio. Doutorado en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, durante catro anos de modo intermitente viveu retirado no corazón da Serra do Courel, nunha cabana arranxada por el. Desa experiencia profundamente catalítica para o seu ser, resultou o libro Roxe de Sebes (reeditado pola Fundación Luis Seoane, 2011). Ten publicados varios libros de ensaio, tanto en galego como en español, como Alén da Fenda; por unha filosofía do absoluto sensible (Espiral Maior, 1994), Neste Silencio: arredor de Uxío Novoneyra (Noitarenga, 2000), Crítica de la Razón Sexual (Ediciones del Serbal, 2002) ou Votos de Riqueza; la multitud del consumo y el silencio de la existencia (Antonio Machado Libros, 2007). É un dos máis lúcidos pensadores actuais galegos.