Javier Turnes García

Javier Turnes García (Portomouro, 1976) é profesor de Filosofía e músico. Dende hai anos desenvolve a súa labor docente no IES Fernando Blanco de Cee, na Costa da Morte. Neste lugar tamén traballa paralelamente na escrita e divulgación filosófica organizando, entre outros, os Encontros de Filosofía da Costa da Morte. Ademáis de artigos, ten publicado o libro Spinoza (Baia, 2007).