Márcio-André

Márcio-André (Rio de Janeiro, 1978). Escritor, artista sonoro e visual. Deu clases de escrita creativa e poesía sonora na Universidade de Coimbra e na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Como tradutor, publicou textos de Ghérasim Luca, Gilles Ivain, Serge Pey, Mathieu Bénézet, Hagiwara Sakutaro e Forrest Gander. No 2008, recibeu a Bolsa Fundação Biblioteca Nacional, polo libro de ensaios Poética das Casas e, no 2009, foi poeta residente en Monsanto, Portugal. É tamén editor de Confraria do Vento e curador do Cidade aTravessa, evento literario e performático que acontece nas cidades de Lisboa, Rio de Janeiro e São Paulo. Autor de catro libros de poesía e ensaios, colaborou con diversos xornais, entre eles O Globo, Jornal do Brasil ou O Estado de Minas; e con revistas brasileiras e internacionais. Os seus poemas foron traducidos a oito idiomas. Está integrado em antoloxías como Poesia do MundoO que é poesia?Todo começo é involuntário – a poesia brasileira no início do Sec. 21Poétes Brésiliens d´aujourd´hui, 24 letras por segundo, entre outras. Poeta experimental, con obras na área da poesía visual e sonora, da instalación e da performance, realizou traballos no Reino Unido, Francia, Portugal, Ucrania, Perú, así como tamén en diversas cidades de Brasil, traballando con poetas como Bruce Andrews, Stephen Rodefer, Arjen Duinker e Jonathan Morley. Actualmente vive en Lisboa.