Marcos Lorenzo

Marcos Lorenzo (Ferreiroa, Agolada, 1970). Economista e antropólogo amador. Na súa traxectoria profesional constituíu empresas e desempeñou diferentes postos de responsabilidade nos mundos das políticas sociais e da xestión cultural. En ambos campos coordinou múltiples proxectos, publicou investigacións e ensaios, e exerceu como docente en Universidades galegas e foráneas. No ámbito da comunicación foi redactor de revistas de pensamento e arte, columnista en diferentes medios e locutor de radio. Na esfera contracultural dirixiu con man de ferro a Sociedade Patafisica do Atlántico e colaborou esporadicamente co movemento incendiario SUFATO (Súper a Favor de Todo). A súa penúltima obra é un libro de aforismos titulado Liquidación de Existencias (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2005). Entre as súas vindeiras iniciativas está a refundación do partido político Reticencia Galega ou o lanzamento do Colexio Oficial de Vividores da Galiza.