EN AXÓUXERE temos respecto polos datos e a privacidade das persoas. Os datos que entran no noso sistema son exclusivamente para o uso dos nosos servizos na Tenda Axóuxere (venda on-line de libros) e para atenderte da mellor maneira posíbel. Cumprimos estritamente a Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal: LOPD.
Temos os nosos ficheiros inscritos na Axencia de Protección de Datos, onde podes consultalos, como corresponde a todas as entidades que usan datos persoais.
Podes acceder a eles e rectificalos en todo momento. Se queres exercer o teu dereito ao acceso, rectificación, cancelación e oposición, só tes que enviarnos a túa solicitude xunto unha copia do NIF do titular a info@axouxerestream.com ou mediante correo postal a: Axóuxere. Xens, 79. 15984 Araño. Rianxo.
Evidentemente, tes a garantía de que en ningún caso serán cedidos a terceiros, pois son absolutamente confidenciais e tratados co máximo coidado. Contamos cun sistema de seguranza que impide a súa perda e evita a alteración ou accesos non autorizados.
Cando navegas por axouxerestream.com/, xéranse cookies que son precisas para o funcionamento dalgunhas partes do web e para extraer estatísticas das visitas que recibimos. En calquera caso son anónimas agás aquelas destinadas a conservaren o teu nome de usuario e password, neste último caso ao navegar pola nosa tenda. Ten en conta que podes desactivar as cookies cando queiras, dende o teu propio navegador.
Dende AXOUXERESTREAM opómonos absolutamente á práctica do spamming: ti es quen decide se queres recibir este tipo de comunicacións.
Se tes algunha dúbida a respecto da nosa Política de Protección de Datos, entra en contacto con nós.