Telémaco

ESTAMOS INVESTIGANDO na intermediación entre a arte hipermedial e as prácticas colectivas de creación de coñecemento. Telémaco é unha aposta experimental, que levamos meditando dende fai tempo, na procura de formas de discurso e creación epistemolóxica que abran tempos de pensar comunitarios. Interésanos, neste proxecto que estamos comezando a artellar agora, a construción de formas de interacción hipermedial que -usando os novos paradigmas tecnolóxicos: sistemas de tableta (iPad, Android, etc.), interacción multimedia e outros- nos permita definir un tipo de «formato» que integre os vellos modos discursivos lineais coas formas de vídeo, imaxe e son, creando un resultado informático que desenvolva unha experiencia de lectura e comprensión da información máis adaptada ao tempo no que nos estamos movendo; este tempo da Internet e das hiperveloces conexións virtuais. Unha mestura entre Enxeñería do Coñecemento, Informática e Arte. Se queres poñerte en contacto connosco en relación a esta investigación, utiliza o seguinte formulario de contacto.