Ateigados de imaxes, inzados de soños alleos, estremecidos polo peso da información visual nos nosos procesadores mentais, colapsados e sen capacidade para integrar aquilo todo que se fai exceso, procuramos un novo rumbo para desenvolver a ferramenta cinematográfica, para alén de técnicas e formatos. Narrativas antropo-visuais indaga un novo dialoxismo co real a través deste medio integrando perspectivas e métodos tan diversos como diversa é a realidade. Mergullámonos no terreo de xogo desde a subxectividade do que experimenta a propia situación, sendo observadores observados nun proceso de autoconstrucción permanente e experimentación creativa.
O noso proxecto abrangue, indubidabelmente, aspectos do xénero documental, pois mostra realidades existentes en canto substrato; e da ficción, pois sobre ese substrato vaise xerando unha historia construída no instante. Porén, enfrontámonos á situación coa perplexidade do que albisca unha faísca de luz diante de si e, como nos relatos da tradición sufí, o único xeito de coñecer a esencia desa luz é o de fundirse nela.
Si queres poñerte en contacto connosco en relación a esta investigación, utiliza o seguinte <a href=”http://arquivo.axouxerestream.com/contacta/”>formulario de contacto</a>.