[...]

Dificilmente se podería pensar qué maneira de activar socioculturalmente unha comunidade se pode dar a día de hoxe, cando xa tantas experiencias se teñen dado Sen embargo, precisamente por iso, estamos entramando un proxecto que permita abrir canles de creación en espazos até o de agora imposibeis. Non sabemos se este proxecto pedagóxico-artístico se chegará a concretizar. Os estudos, as investigacións de terreno e as propostas xa lanzadas van dando pé a que se vaia abrindo un campo entre moitos actores culturais de Galiza e de fóra das nosas fronteiras. Temos vínculos con certos colectivos artísticos de alén da nosa terra cos que xa tivemos oportunidade de traballar (en Oaxaca, Canarias e Barcelona), montando seminarios, obradoiros e sesións de debate itinirantes e dun carácter polimórfico. Non sabemos se concluiremos este proxecto aquí, nesta terra, pero os intentos están dando os seus primeiros froitos. En breve teremos a disposición do público unha nova matriz xurdida deste traballo intencional colectivo.

Si queres poñerte en contacto connosco en relación a esta investigación, utiliza o seguinte formulario de contacto.