Projects

Debido a que nós pensamos tamén máis alá dos libros, máis acá das formas intelectuais derivadas en textos, temos varios outros proxectos cos que andamos teimando. Moitos deles xa foron realizados, ben antes de se concretizar o proxecto actualmente chamado Axóuxere, e porén todos aqueles proxectos son, en certo modo, esencias configuradoras deste. Hai varias ideas, varias cousas nas que andamos argallando, e que nos gustará compartir convosco en breve. Sen embargo, polo de agora, imos a evidenciar o que é evidente: que estamos traballando, que estamos coas mans na masa, que estamos nun estado de work-in-progress. E precisamente por iso vos mostramos aquelas cousiñas nas que andamos tramando, enfeitizando e traballando arreo.