Viaxes

2a Feira Imaxinaria

II FEIRA IMAXINARIA CONTEMPORÁNEA
proxecto biopolítico de [anti] produción cultural
progressive decrecemento nómade

COMO XA veu sendo fonte de traballo creador o ano pasado, alá polo verán, este ano comezan, os nosos irmáns da Feira Imaxinaria, de novo a súa xira nómade arredor de Galiza, arredor dos mil mundos que porta Galiza. A 2a Feira Imaxinaria comeza xa. Apúntate ao carro. Como di o seu fraseo interno: «A Feira Imaxinaria é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza como punto de encontro comunitario de [anti] produción cultural. A cultura como umbral productivo/improductivo do sistema capitalista, e a investigación en tecnoloxía social como outra economía/ecoloxía posíbel». Estarán en Pontecaldelas os días 15-17 de Xullo, deste ano 2011. Ve máis información sobre este evento, vendo a súa situación en GoogleMaps e o programa de actividades dese día: clica sobre este link.

Podes consultar máis ao respecto do que é a Feira Imaxinaria, en que fundamentos se basea, e que clase de guerra estabelece no medio social contemporáneo, clicando aquí para ver o seu blogue.

* * *

«Nós falamos dunha nova guerra,
dunha nova guerra de partisanos.
Sen frente nin uniforme, sen exército nin batalla decisiva.
Unha guerra cuxos focos se despregan
a distancia dos fluxos mercantís, aínda que conectados a eles.
Falamos dunha guerra totalmente en latencia. Que ten tempo.
Dunha guerra de posición.
Que se libra aí onde estamos.
No nome de ninguén.
No nome da existencia mesma,
que non ten nome.»

Tiqqun, Como Facer?

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios