Hakim Bey

Hakim Bey (Nova York, 1945) é o seudónimo do escritor estadounidense Peter Lamborn Wilson. Hakim Bey significa, en turco, «O Señor Xuíz». Ensaísta e poeta, descríbese a si mesmo como un «anarquista ontolóxico». Coñecido a raíz da publicación de TAZ (Zonas Temporalmente Autónomas), está ligado ao movemento crítico contemporáneo a través da tecnoloxía. Considerado, por algúns, pai ideolóxico dos hackers, a súa traxectoria inclúe unha fonda revisión do soño anarquista pasando pola influencia mística de tradicións como o sufismo e resistematizando a visión situacionista. A súa é obra fundamentadora dun (novo) soño utópico, baseado na crítica constitutiva das comunas piratas que poboaron as illas caribeñas ao longo do século XVI e XVII. Tras vivir durante moitos anos entre Irán, India e Marrocos, traducindo a autores clásicos sufís ao inglés, regresa aos Estados Unidos onde actualmente vive retirado, nunha «comunidade intencional» (ao estilo das comunidades utópicas definidas por Charles Fourier) nos profundo dos interiores bosques de América. Outras obras súas son: CHAOS: The Broadsheets of Ontological Anarchism (1985), Inmediatism (1984) ou Black Fez Manifesto (2008).