Cousas

Novas Editoras da Galiza

Xuntámonos onte axóuxeres e outros proxectos editoriais nacidos cos ventos novos (estes que andan á espreita tras de cada respiración), convidados por Novas da Galiza, resistencia impresa en letra propia e autogobernada. Falamos do traballo, de libros, das relacións entre as persoas, de cales son estes estraños ventos que se achegan e non coñecemos ben pero que abrouxan detrás da orella, como queréndonos transmitir unha mensaxe que teimamos en descifrar. Mirámonos para dentro e miramos para fóra, fixemos autocrítica compartindo modelos e procurando outros, referencias que nos acheguen sinais para a construción dun novo horizonte. Reflexionamos sobre cal é o traballo do editor, de como facilita un proceso que xa existe antes e continúa despois, e da satisfacción do libro nas maos, listo para darse ao mundo… É gusto compartir paixóns con compañeir@s.

Poderémolo compartir tamén con vós dentro de dez días en Novas da Galiza.

 

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios