Novidades

Presentación de Axóuxere

MAÑÁ Xoves 16 ás 19:30 presentaremos a editora Axóuxere en Santiago de Compostela, no local social A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21 – Compostela). Vente por alí. Estaremos presentando os nosos dous primeiros libros: TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) do anarcosufi Hakim Bey e Chamamento, texto anónimo aparecido en Francia, no ano 2003, polas rúas de París. Falaremos Manu Cebral, Manuel del Río, Rafa Xaneiro e tamén Roberto Abuín. Pero todos, todas, poderedes compartir o voso parloteo no espazo que alí se creará. Despois haberá petisquiños. E, a ver se é posíbel, abrir unha Zona Temporal Autónoma por un intre: na cresta oscilante da revolución dos nosos soños.