A comer!
Xa podedes encontrar os novos contos pedagóxico-culinarios de Cristina F na Tenda Axóuxere.
E de que vai «A COMER!»? De saber que é necesario estar aquí e de educarnos para convivir. Para compartir o espazo, e as tarefas a realizar nel. Para compartirnos a nós, respectando a individualidade de cada quen. Para compartir sorrisos … e rimas … e xogos … e palabras. Palabras nunha lingua que quere ser lida, escrita e falada. Palabras dunha lingua que se quere aquí e agora:viva … para existir.
E cantos contos compoñen a colección «A COMER!»? Catro. No primeiro presentamos os cubertos e os nomeamos. No segundo, falamos de usalos. no terceiro, de lavalos. e no cuarto, de gardalos.
E para que idade están deirixidos? de 0 a 6 anos. é dicir, para a xente máis miúda.
E se precisades máis información sobre o traballo da autora, podedes atopala aquí.
Deixa un comentario
Os campos marcados cun * son necesarios