Novidades

Ensaios Radioativos, novo libro da colección Polimnia

Márcio-André

COMA SEMPRE QUE NACE UN LIBRO, coma sempre que se dá ao mundo, coma sempre que as palabras dun autor se revelan flotando sobre a superficie dunha folla antes en branco, alegrámonos con inmensa e inocente alegría (a dos que, con amor, puxeron o seu gran de area no proceso) de poder soster nas mans estes Ensaios Radioativos que Márcio-André (poeta, performer e ensaísta brasileiro) nos achega.

Dende a visión da «Contaminación» radioactiva que o autor viviu (segundo el nos conta) en Pripyat: «ali (…) circundado pelo silêncio do fim do mundo, eu fazia, ainda que sem saber, um hino às contaminaçôes, além, claro, de me contaminar, tornando-me, provavelmente, o primeiro poeta radioativo do mundo», o escritor déixanos un feixe de ensaios -orixinalmente publicados en Brasil, na editorial Confraria do Vento, no ano 2008- que van dende a poesía até a deriva nómade por cidades, a modo de tuaregs que van buscando un eixo sagrado nas cousas dun mundo posmoderno. Dende Edward Hooper até a física cuántica, Márcio-André, escritor de alto carácter contaminante, proponnos en Ensaios Radioativos un aprofundamento divertido, lúcido e irónico sobre a realidade que estamos acostumados a definir en termos tan estreitos e paradoxais que, ás veces, esta parece quedársenos ben pequena ou ben aburrida e triste. É este un fresco e intenso conxunto de ensaios.

Podedes encontralo xa na Tenda Axóuxere e, en breve, nas librarías. Pronto, a presentación en Compostela e Lisboa.

Que o desfrutedes.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios