Eventos

XLIX Congreso de Filosofía Nova

COMEZOU hoxe o 49º Congreso de Filosofía Nova. E continuará mañá e tamén pasadomañá todo o día (Días 25, 26 e 27). A actual edición do Congreso de Filosofía Nova xira en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas. Interésanlles á organización estas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como este dobre vencello: a arte fainos sentir; mais sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público ou común. Por último introducen unha liña transversal acerca da tecnoloxía e a realidade virtual dende o punto de vista da Historia da Filosofía.

Cada edición do Congreso encárgaselle a un grupo ou institución de calquera parte do Estado español. Así, houbo edicións anteriores que se realizaron en Murcia ou en Donostia. Este ano a organización xeral do Congreso seleccionou ao grupo Universidade Invisíbel, para a organización deste evento. Estase realizando na NORMAL, Espazo de Intervención Cultural (Universidade da Coruña – Paseo de Ronda, 47 – A Coruña). Participan no Congreso: Axóuxere Editora, Zoopolitik, Equanimal, Teatro Resoante, Proxecto Derriba e a Universidade Cromática das Virtudes.

* * *

Ver Cartaz Ver Programa Ir á Web

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios