Elías Portela en Rianxo
É FERMOSA esta experiencia da Residencia de Escritores e Escritoras que se está a dar na casa axóuxere. Fluír e vivenciar os procesos en común, ver como se crean os mundos, participar; en letra escrita, en convivencia, no contorno… Difícil saber cal é o punto de partida. Unha cousa é certa: os mundos compártense, formándose no proceso outros de maior amplitude. Co-creativamente.
Elías Portela —ou Elías Knörr, como se lle coñece en Islandia—, poeta e artífice de mundos diversos a través da súa palabra, estivo compartindo esa experiencia con nós no mes de outubro e, alén dun obradoiro para a xente de Rianxo, ofreceu un recital poético na Biblioteca Pública do cal podedes ver algúns momentos neste documento videográfico.
Obrigad@s, Elías, pola túa presenza, a túa poesía, os teus mundos.
Deixa un comentario
Os campos marcados cun * son necesarios