Cousas

Elías Portela en Rianxo

É FERMOSA esta experiencia da Residencia de Escritores e Escritoras que se está a dar na casa axóuxere. Fluír e vivenciar os procesos en común, ver como se crean os mundos, participar; en letra escrita, en convivencia, no contorno... Difícil saber cal é o punto de partida. Unha cousa é certa: os mundos compártense, formándose no proceso outros de maior amplitude. Co-creativamente. Elías Portela —ou Elías Knörr, como se lle coñece en Islandia—, poeta e artífice de mundos diversos a través da súa palabra, estivo compartindo esa experiencia con nós no mes de outubro e, alén...

Ler máis/Read more...

Márcio-André no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

O noso amigo Márcio-André, co que recentemente publicamos os Ensaios Radioativos, dentro da colección Polimnia/Cadernos de Combate, non para quieto. Logo de Chegar do Fényírás Festival de Budapest, de visitar a Galiza para presentar connosco o seu libro en Compostela e mais en Vigo, e de participar no Festival Internacional de Poesía de Córdoba (Arxentina), prepara agora as malas para o 43rd Poetry International Festival de Rotterdam. O festival, que se celebra entre os dias 12 e 17 de xuño, é un dos eventos literarios máis antigos do mundo, e o máis prestixiado da Europa. Ten por tradición...

Ler máis/Read more...

A Galicia Rural e a ollada de Iain Colquhoun

  Ás veces os viaxeiros vense desviados do seu camiño orixinal por obra dun estraño fatum que os obriga (ou é que esa forza nace, en realidade, dentro de nós?); ás veces os ventos e os mares achegan forasteiros ás costas que rematan por facérense paisanos. Foi un vento estraño o que trouxo ao irmán de Iain Colquhoun (Gloucestershire, 1948), hai xa moitos anos, á Galiza; e logo del chegou este inglés buscador de imaxes, cuxa orixe anterga remóntase no tempo aos vellos clans da Escocia. Fixo morada e casal o Iain, e soubo captar coa súa lente o que moitos galegos vemos e vivimos...

Ler máis/Read more...