Eventos

Elías Portela en Rianxo

É FERMOSA esta experiencia da Residencia de Escritores e Escritoras que se está a dar na casa axóuxere. Fluír e vivenciar os procesos en común, ver como se crean os mundos, participar; en letra escrita, en convivencia, no contorno... Difícil saber cal é o punto de partida. Unha cousa é certa: os mundos compártense, formándose no proceso outros de maior amplitude. Co-creativamente. Elías Portela —ou Elías Knörr, como se lle coñece en Islandia—, poeta e artífice de mundos diversos a través da súa palabra, estivo compartindo esa experiencia con nós no mes de outubro e, alén...

Ler máis/Read more...

Márcio-André no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

O noso amigo Márcio-André, co que recentemente publicamos os Ensaios Radioativos, dentro da colección Polimnia/Cadernos de Combate, non para quieto. Logo de Chegar do Fényírás Festival de Budapest, de visitar a Galiza para presentar connosco o seu libro en Compostela e mais en Vigo, e de participar no Festival Internacional de Poesía de Córdoba (Arxentina), prepara agora as malas para o 43rd Poetry International Festival de Rotterdam. O festival, que se celebra entre os dias 12 e 17 de xuño, é un dos eventos literarios máis antigos do mundo, e o máis prestixiado da Europa. Ten por tradición...

Ler máis/Read more...

XLIX Congreso de Filosofía Nova

COMEZOU hoxe o 49º Congreso de Filosofía Nova. E continuará mañá e tamén pasadomañá todo o día (Días 25, 26 e 27). A actual edición do Congreso de Filosofía Nova xira en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas. Interésanlles á organización estas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como este dobre vencello: a arte fainos sentir; mais sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público...

Ler máis/Read more...