HOXE pola tardiña un dos Axóuxeres foi dar un paseo por un dos bosques cercanos a Rianxo, a onde dicían os vellos que eran levados os que ían ser fusilados, alá cando o tempo da ditadura de Franco. A un de nós o seu bisavó, comunista el, e varias veces sinalado polo réxime para ser asasinado e que, por milagre, saíu dese entorto porque o cura daquel tempo, máis roxo cós roxos, o sacou do punto de mira dos cazadores da ditadura, comentáralle que máis dunha vez (para escarmentalo) os fascistas o levaran ao monte, a punta de pistola, acompañando a outros homes que ían ser fusilados....
Ler máis/Read more...
XERALMENTE concebimos a relación económica como algo que devén cunha serie de valores implícitos de carácter sempre capitalistas; é dicir, pensamos a relación económica como unha relación de produción, e tamén de dependencia entre uns produtores e aqueles que reciben o ben desa produción. A fundamentación do capitalismo artéllase nesta estraña converxencia entre a "acumulación" e a "propiedade privada": a produción de propiedades privadas que se vertebran dende a acumulación (de medios, obxectos, ideas, etc.) Constantemente pensamos que algo que pretenda ser empresarial, crear...
Ler máis/Read more...
@s nos@s amig@s de Soneros del Tesechoacán (Veracruz, México) móstrannos a senda que perfila un Axóuxere que, presto do central do seu corazón, "resiste" co quecer cálido do amor entre @s iguais. Sempre, con lucidez, até a Vitoria.
Ler máis/Read more...