Carlos Lema (San Sadurniño, 1958) escribiu o poemario O xeito de Freud (Premio Johán Carballeira 2007) e traduciu Sobre a lectura, seguido de «Días de lectura», de Marcel Proust, publicado xunto co seu ensaio «Proust e a lectura». Tamén puxo en galego «Repensar a teoría crítica do capitalismo», conferencia de Moishe Postone publicada a carón do ensaio introdutorio «Tempo, lógos e dominación social». En Poesía, linguaxe e acción (con René Char) deu ao prelo un conxunto de textos arredor de Martin Heidegger, René Char e a facticidade da poesía.