Fausto Alzati

Fausto Alzati Fernández (México DF, 1979) é un ensaísta adicado á análise da cultura a través das paralaxes da filosofía, a psicanálise lacaniana e o budismo. É autor de Inmanencia Viral, colección de ensaios publicada no fondo editorial Tierra Adentro (México, 2009). É colaborador habitual en publicacións como Milenio, Reforma, Umelec ou Fractal, entre outras. Leva o blogue Al Servicio de Quizás. Graduouse na Universidade Naropa (fundada por Chögyam Trungpa Rinponché e Allen Gingsberg en Colorado, EUA), en Relixións Comparadas. E tamén colabora como profesor no Instituto de Estudios Críticos 17, da cidade de México D.F. Os seus textos téñense traducido para o checo, alemán e inglés.