Inmanencia Viral
Inmanencia Viral / Fausto Alzati
Tradución de Roberto Abuín e Rafa Xaneiro
80 páxinas / Prezo: 8€
DENDE A MÚLTIPLE perspectiva e paralaxes da filosofía, o budismo e a psicanálise, o autor desenvolve, neste grupo de ensaios breves, unha lúcida análise crítica do devir contemporáneo facendo unha inmersión profunda nos tópicos da cultura pop, a industria do porno, o punk, a realidade virtual e outros submundos a través dos cales zumega a orde epistemolóxica imperante, o relato do poder e as súas tramas de control subxacentes. Con linguaxe fluída e irónica, Alzati mergúllanos, dende a súa experiencia como usuario e consumidor, mais tamén como un prófugo da cultura trash, nunha viaxe a través do fliltro co que ollamos a realidade, indaga ese filtro e convídanos a ver o alleamento da estética baleirada de ética, da presenza sen esencia, do habitar nunha superficie que, ao cabo, nos habita.