Retallos

A MEDIDA que imos traballando nos outros libros, van xurdindo (así, de xeito imprevisto) unha serie de outras cousas que aparecen como por arte de maxia. Estas outras cousas moitas veces son como aparicións; asuntos, aspectos, cousiñas que agroman do fondo constante do noso facer. E eses aspectos, esas cousiñas están aí coma retallos do obradoiro do artesán. Moitas veces relegadas a un segundo plano, pero realmente -por todo o esforzo que puxemos nelas- nun primeiro e forte plano para nós, xa que son ideacións ou ocorrencias que sen nunca agardar que elas foran a aparecer, aparecen. Aquí, neste pequeno caixón de sastre, ou caixón desastre, están contidas todas as outras singladuras que nos van dando vida, por emerxentes, inconstantes e plenas. Retallos do carpinteiro.