Britney é inconsciente
Britney é inconsciente / Fausto Alzati
Tradución de Nora Viéitez e Abdulah Jaber
20 páxinas / Prezo: 2 €
QUEN É BRITNEY SPEARS? Un reflexo? Unha pantasma? Un deva empoleirado no reino dos deuses búdicos, tal e como suxiere Fausto Alzati? En calquera das preguntas latexa unha cuestión de fondo: Até onde a nosa «individualidade», a día de hoxe, no show mediático en que se converteu Occidente, ten sentido, é dicir, existe? ¿Podemos pensar que Britney Spears, como espello dunha psique escindida / integrada no balbordo das experiencias fenoménicas exteriores (anonadantes, alienantes, pasmóticas) é un bodhisattva mediático que, na súa terríbel condea de estar presa á roda constante das encarnacións e da ignorancia, nos mostre a patética situación na que o noso ser vive, cegos á verdade fundamental da impermanencia e da inmanencia de todo? Con este aire entre bufonesco e serio, o noso amigo Fausto Alzati preséntanos un breve ensaio a cabalo entre a psicanálise lacaniana, o pensamento de Slavok Zizek e a contundente presencia da diva das novas xeracións. Refrescante perspectiva dun universo tan baleirado de sentido que calquera cousa vale… Non é?… «It’s Britney, bitch!».
Descargar Capa Descargar PDF Mercar