Proxectos

DEBIDO A QUE nós pensamos tamén máis alá dos libros, máis acá das formas intelectuais derivadas en textos, temos varios outros proxectos cos que andamos teimando. Moitos deles xa foron realizados, ben antes de se concretizar o proxecto actualmente chamado Axóuxere, e porén todos eses proxectos son, en certo modo, cousas que latiron definitivamente na constitución deste. Deste xeito, hai varias ideas, varias cousas nas que andamos investigando, e que nos gustará compartir convosco en breve. Sen embargo, polo de agora, imos a evidenciar o que é evidente: que estamos traballando, que estamos coas mans na masa, que estamos nun work-in-progress. E precisamente por iso mostrámosvos (ciceladas dun proceso en creación) aquelas cousiñas nas que andamos tramando, enfeitizando e discutindo arreo.