[...]

DIFICILMENTE SE podería pensar en que maneira de activar socioculturalmente unha comunidade se pode dar a día de hoxe, cando xa tantas experiencias se teñen dado Sen embargo, precisamente por iso, estamos entramando un proxecto que permita abrir canles de creación en espazos até o de agora imposíbeis. Non temos nada demasiado certo acerca disto; sabemos, nembargantes, que nos interesa o feito de vertebrar espazos culturais (coma «laboratorios de ideas») nos ámbitos sociais non necesariamente urbanos. Interésanos unha nova relación cos «saberes» e as «prácticas». O noso primeiro punto de apoio, para este traballo, foi a UNIAT (Universidade Autónoma do Atlántico, Rianxo, 2006-2007), e dende esa visión do espazo sociocultural como ente creador de «novas prácticas sociais» é dende onde o proxecto [...] (sen nome), se está a configurar. Somos varios colectivos en Galiza que, pausadamente, estamos facendo un esforzo in crescendo por viabilizar algo alleo á constante e atafegante forma institucional de crear cultura. Aos poucos imos. Se es dalgún colectivo ou estás interesado nisto que, brevemente, falamos, escribe aquí.