A RESIDENCIA DE VERÁN DO 2012 contou, no mes de Agosto, coa presenza da Irene del Valle de la Sen (Barcelona, 1984), máis coñecida como Irene La Sen. Centra o seu traballo na spoken poetry, poesía oral, vencellando este proceso creador coa coñecida Slam Poetry. Reside actualmente en Palma de Mallorca, onde entre outras cousas centra a súa actividade literaria na poesía. A poesía únese indefectiblemente á música e aos sons da man do produtor e compositor de música electrónica Xarro de las Calaveras (ex-compoñente do grupo de rap La Puta OPP); coa súa música e os seus poemas fixo o libro Cal (Ya lo dijo Casimiro Parker, Madrid, 2010). Irene participou en multitude de festivais e encontros de arte, literatura e música, e mantén unha continua actividade en circuitos de poesía underground, jam sessions e Poetry Slams de cidades como Palma de Mallorca, Barcelona, Madrid, Córdoba, Berlín, Budapest, etc. Influida pola arquitectura e o urbanismo, pero sobre todo pola propia experiencia, as letras de Irene La Sen exploran as reaccións do individuo frente a unha sociedade hostil e castigada, movida sempre polo tráfego das relaciones humanas, a dor, a contradicción e o vaivén incesante das emocións humanas. No Concello de Rianxo realizou un Obradoiro de dous días chamado «Slam Poetry e procesos sociais», na Casa da Cultura de Rianxo, Agosto 2012. Recitou os seus poemas, xunto a Nenoescuro (quen aproximou as voces poéticas a un son electrónico e experimental) na Praza de Rafael Dieste, Agosto 2012.