Outono 2013

Decisión con relación
á Residencia de Escritores:

 

LOGO DE TERMOS RECIBIDO un elevado número de propostas en relación á Convocatoria para a Residencia de Outono 2013 de Axóuxere, todas elas de grande interese, e coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente, e en consenso comunitario, decidimos seleccionar tresdelas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos estas candidaturas, que han concorrer nos meses de Outubro e Decembro, mantendo a editora contacto coas persoas elixidas a fin de determinar o tempo preciso da súa estada.

As candidaturas elixidas son:

Cremildo Bahule (Portugal)
Alejandro Sebastiani (Venezuela)
Dominika Zima (Polonia)

A intención da Residencia de Escritores é a de permitir o desenvolvemento dun espazo e tempos propicios para o despregue persoal, comunitario e creador. É por iso que, malia ter que seleccionar unha ou unhas poucas propostas de cada Convocatoria, a idea é que o espazo de Axóuxere estea aberto á convivencia comunal. É deste xeito un espazo ao que quen quixera coñecernos e compartillar con nós pode achegarse; a este noso pequeno, pero confortable lar. Océano-Universo.

Grazas a tod@s.