Novidades

Carabranca

O NOSO amigo Iván Sende, pintor, escritor e viaxeiro espiritual tennos agasallado fai un tempiño cun libriño moi cuco, moi bonito: Carabranca. Comezado alá polo ano 2006, que foi cando Carabranca se lle apareceu nos soños, foi rematado no mes de Abril deste ano 2011. Ao rematalo imprimiuno, por conta propia, en edición de autor, en papel munken polar, nun formato de 11’5×17 cms. e 112 páxinas. A ilustración e o texto son del; todo ese ensoño, toda esa fermosura onírica que nos devolve a ser @s nen@s que sempre fomos. Dende esta semana Axóuxere intentando darlle saída á obra de creadores e creadoras galeg@s decidímonos a distribuír, a través da nosa Tenda Web, o seu libriño. Pódelo atopar seguindo este link. Con este intento queremos darlle pé a creadores e creadoras galeg@s que traballando e atopando dificultade para a distribución da súa arte, do seu proceso creador, poidan dar a coñecer aquelas cousiñas nas que traballan. Deste xeito, e aproveitando o lance que nos dá o noso amigo Iván, se credes que algunha cousa que vós andedes facendo pode ser de interese para outras persoas, e queredes distribuílo a través de nós, please, escribídenos e falamos. Podedes facelo a través da sección «contacta» desta web. Ou escribíndonos a vendas@axouxerestream.com. Saúdos.


1 Comentario

  • iago

    1

    gustoume moito o libro, ao principio pensaba que non me ia gustar pero ao final. Encantoume

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios