Cousas

Ahimsa

YouTube Preview Image

CANDO nun tempo tan draconiano, a nivel de matanzas xeneralizadas por todo o mundo, se producen ridículas manifestacións coma a do día de hoxe (trivialmente chamado «Festa das Forzas Armadas»), un/ha non pode senón rir, e con todo o seu amor, regresar ao tempo aquel, a aquelas palabras, no que se concentraba o poder da convocación non-violenta, no dicir de Mohandas Karamchand Gandhi (1869-1948). Como di neste fragmento de film Gandhi (1982) dirixido por Richard Attenborough, «poderán destruir o meu corpo, poderán romperme os ósos, poderán terme morto, si, poderán ter o meu cadáver, pero nunca, nunca terán a miña obediencia». Do mesmo xeito, ante unha ridícula estrutura social contemporánea, falsaria e dualizada, na que «se preconiza a paz coa guerra», un/ha non pode senón regresar a ese estado de Ahimsa, non-violencia, resistencia ante o poder que oprime mediante a violencia, mediante a demostración banal do seu poder violento, agresivo, primitivo. No fondo toda evolución da conciencia humana implicará -necesariamente- deixar de lado a violencia. Así pensamos, así cremos.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios