Novidades

Presentación de «Inmanencia Viral»

PRESENTACIÓN do novo libro de Axóuxere Editora, Inmanencia Viral, escrito polo ensaísta mexicano Fausto Alzati (México D.F., 1979). Con este libro comezamos unha nova colección, chamada Polimnia / Cadernos de Combate; textos urxentes, contemporáneos, onde unha mestura entre a reflexión actual e a búsqueda de certezas teóricas nos leve á indagación en discursos, perspectivas, conceptos: nos leve ao artellamento de (na terminoloxía de Gilles Deleuze e Felix Guattari) «máquinas de guerra nómades», é dicir, teorías-artefacto que plantexen dicotomías antagónicas para co tempo actual.

Nesta colección terán cabida preimperantemente autores galegos, sobre todo aqueles que entremesturen as súas voces (na honra, ademais, de Polimnia: a de múltiples voces), creando palabras-discursos-textos nos que a idolátrica presenza do autor e do monolóxico discurso académico desaparezan, aparecendo na súa vez unha perspectiva aberta á reflexión e á provocación. Queremos concibir esta colección como un «espazo de investigación lingüístico», un «espazo de indagación narrativa e ensaística», na que as formas alternativas de crear e pensar teñan cabida. Estamos abertos a que creadores galegos nos envíen as súas propostas. Porén, tampouco nos opoñemos á edición de obras de pensadores, creadoras, ensaístas doutras rexións, tal e como a do noso compañeiro Fausto Alzati; especialista el en psicanálise lacaniana, filosofía e budismo; facendo unha sui generis síntese entre dominios. Pincha aquí para ler máis acerca do noso autor.

A presentación do novo libro de Polimnia, terá lugar o vindeiro Martes 4 de Outubro, ás 20 horas, no Café-Bar Medusa (Praza Salvador Parga, número 1), de Santiago de Compostela. Haberá petiscos, música e algún que outro agasallo. Contaremos, grazas á colaboración de CONACULTA (Consejo Nacional para las Artes y la Cultura, de México) coa presenza do noso amigo. Estará presente botando, como el di, «un buen choro, un buen platique».

Estades tod@s convidad@s.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios