Novidades

Zoopolitik

AXÓUXERE comeza un novo proxecto, en colaboración coa Universidade Invisíbel (colectivo de pensadores e activistas vinculados á cidade d’A Coruña, e á Universidade Nómada, a nivel estatal), dentro do que se chamará [expect us], colección coordinada entre @s Axóuxeres e @s Invisíbeis. Dentro desta nova colección, comezamos cun proxecto experimental de «escrita colaborativa», desenvolvida por catro membros da Universidade Invisíbel: Antón Fernández de Rota, Carlos Diz, Martín Cebreiro e Rosendo González. En virtude da análise do movemento do #15M como factor emerxente dunha transformación ocasionada no celme das «formas de vida» actuais, estes catro compañeiros irán escribindo un libro que se poderá ir vendo (capítulo a capítulo, a medida que se vai formando), na páxina web do proxecto, chamado Zoopolitik: www.zoopolitik.com.

A medida que este libro se vaia escribindo, os autores irán colgando os capítulos (en galego e español), de xeito aberto, de maneira que calquera que quixera colaborar, expandir e recombinar o texto poida facelo, simplemente usando as ferramentas de comentario que a web permite. Tal e como está pensando, o libro está tecido inicialmente por catro membros, pero a medida que a súa estrutura rizomática vaia medrando, irá medrando tamén o seu potencial. O potencial rizomático vén estabelecido pol@s colaboradores que fagan expansión-recombinación do texto.

O proxecto estará on-line, aberto a participación, durante o tempo de escrita do mesmo, que será de (aproximadamente) dous meses e medio. Ao finalizar ese tempo, Axóuxere en conxunción co-editorial coa Universidade Invisíbel formará o primeiro volume da colección [expect us] co resultado do traballo de «escrita colaborativa» deste proxecto, que levará formalmente por nome: Zoopolitik; Reinvención Democrática e Política de Movemento. Podes ver máis información pinchando aquí.

Ti tamén podes participar.
Participa.

YouTube Preview Image

2 Comentarios

  • José Manuel

    1

    Soy consciente de lo bueno de ese proyecto. No soy gallego, pero creo que podría ser interesante el modo en que lo abordan para el resto del estado español. Ánimo. A ver qué se cuece. (Sé que una editorial catalana va a hacer la adaptación de este libro que ustedes van a editar; Tangram se llama... Bien, mucha suerte).

    • Roberto

      2

      Ben, amigo. Si é certo. Imos editalo conxuntamente, ao mesmo tempo, nós (en galego) e El Tangram (eltangram.com) en catalá. Hai a posibilidade de nós o editar tamén en español, pero verase a posibilidade de facelo a través doutra editora española. A idea é, ao rematar o proceso de escrita do libro, por parte dos 4 membros do proxecto máis os colaboradores vía web, editalo e presentalo simultaneamente as dúas ou tres editoriais implicadas no proceso. Agardo que así sexa. Rob.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios

 Cancel Reply