Viaxes

Mexica Magyar


A comunidade perenne, a que camiña emerxendo en distintos momentos do tempo, en distintos lugares… Aquela que vive, constante, baixo o remorso do mundo, sen nome, unha e diversa; tece os fíos dun relato que se constrúe cara a diante e se comprende cara a atrás, co lume da consciencia, co encontro, co diálogo das almas que comparten o tempo seguras de andar a única dirección posíbel: a dos infinitos camiños.
O noso amigo, o escritor mexicano Lorenzo León, entre a comunidade que levaba compartindo unha semana de intercambio e convivencia creativa, paseos, lecturas, experiencias vitais, proxectos e demais na Casa Axóuxere, realiza esta performance que, como conxuro de luz, integra o mexica, o magyar e o lume céltico nunha fermosa alquimia.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios