Novidades

Ultratextos da Nasa na Tenda Axóuxere

 

SEGUEN A CHEGAR libros á nosa Tenda, ao tianguis electrónico de Axóuxere; libros que non proceden directamente da nosa editora, mais que portan sentidos que resoan co noso facer e o noso sentir. Eis un exemplo, De Parto a Omega. 10 Anos de improvisación libre, libro que percorre as prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Sala Nasa ata 2011, contextualizando esa magnífica e produtiva experiencia realizada por un grande número de músicos.

O volume contén un DVD con vídeos e audios de concertos de Parto, de OMEGA e da experiencia do Aquófono. Os textos de Llorénç Barber, Chema Chacón, Wade Matthews, Patxi Valera e Marcos Lourenzo aportan información interesante sobre a historia recente da improvisación musical en Galicia e España e reflexionan sobre a condución de orquestras e o propio concepto da improvisación.

Dende este recuncho, nodo virtual aproveitamos a ocasión para agradecer o grande traballo e esforzo realizado pola Sala Nasa ao longo de 20 anos e desexamos que a súa xente siga mantendo intacto o espírito dinamizador de procesos creativos emerxentes.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios