Tenda Axóuxere

A Galicia Rural e a ollada de Iain Colquhoun

 

Ás veces os viaxeiros vense desviados do seu camiño orixinal por obra dun estraño fatum que os obriga (ou é que esa forza nace, en realidade, dentro de nós?); ás veces os ventos e os mares achegan forasteiros ás costas que rematan por facérense paisanos. Foi un vento estraño o que trouxo ao irmán de Iain Colquhoun (Gloucestershire, 1948), hai xa moitos anos, á Galiza; e logo del chegou este inglés buscador de imaxes, cuxa orixe anterga remóntase no tempo aos vellos clans da Escocia. Fixo morada e casal o Iain, e soubo captar coa súa lente o que moitos galegos vemos e vivimos pero non ollamos e menos, moito menos, valoramos, como nos di Héitor Mera no limiar de Galicia Rural. Un ensaio fotográfico. Este libro de fermosas imaxes dunha Galiza rural que aínda pervive —aquela que acariña á terra e aqueloutra que sucumbe á presión dunha sociedade cada vez máis alleada do seu entorno—, chéganos a través de Morgante, editora singular esteada en Cangas, e podédelo atopar dende xa na tenda axóuxere.

É lain, e outros moitos, os que engordiño nos van lembrando quen somos, a cerna mesma das nosas orixes. Sirva pois este libro, a quen o merque, para indagar naquilo no que se funda a nosa cultura e para tomar o testigo.

Galicia Rural. Un ensaio fotográfico

Iain Colquhoun

206 páxinas a toda cor

prezo: 22 €

 

 

2 Comentarios

  • IAIN COLQUHOUN

    1

    Graciñas, Rafa e compañeiros,as A ver si un día pasoume por alí para faceros unha visita

  • Roberto

    2

    Agradecid@s Iain a ti, por confiar en nós. Cando queiras vente por Rianxo. Na nosa pequena casa hai espazo para convivenciar o feito do diálogo e da aprendizaxe comunal.

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios

 Cancel Reply