Novidades

Tawantinsuyo 5.0

Falaban Leibniz, Huxley, e moitos outros, dese saber común, dese stream que corre por baixo de toda tradición, en calquera lugar do planeta, en calquera cultura, para alén das múltiples formas da diversidade, e ao que se referían como filosofía perenne. Chéganos á Tenda Axóuxere, da man da nosa amiga Paz, un libro no que subxace esa corrente; escrito dende a investigación experiencial do seu autor e esteado sobre a tradición de coñecemento antiguo amazónico. Tawantinsuyo 5.0 móstranos os piares desa cosmovisión, poñéndoa en contacto con outras tradicións nativas americanas...

Ler máis/Read more...

Ultratextos da Nasa na Tenda Axóuxere

  SEGUEN A CHEGAR libros á nosa Tenda, ao tianguis electrónico de Axóuxere; libros que non proceden directamente da nosa editora, mais que portan sentidos que resoan co noso facer e o noso sentir. Eis un exemplo, De Parto a Omega. 10 Anos de improvisación libre, libro que percorre as prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Sala Nasa ata 2011, contextualizando esa magnífica e produtiva experiencia realizada por un grande número de músicos. O volume contén un DVD con vídeos e audios de concertos de Parto, de OMEGA e da experiencia do Aquófono. Os textos...

Ler máis/Read more...

Ensaios Radioativos, novo libro da colección Polimnia

COMA SEMPRE QUE NACE UN LIBRO, coma sempre que se dá ao mundo, coma sempre que as palabras dun autor se revelan flotando sobre a superficie dunha folla antes en branco, alegrámonos con inmensa e inocente alegría (a dos que, con amor, puxeron o seu gran de area no proceso) de poder soster nas mans estes Ensaios Radioativos que Márcio-André (poeta, performer e ensaísta brasileiro) nos achega. Dende a visión da "Contaminación" radioactiva que o autor viviu (segundo el nos conta) en Pripyat: "ali (...) circundado pelo silêncio do fim do mundo, eu fazia, ainda que sem saber, um hino às contaminaçôes,...

Ler máis/Read more...