Xa podedes encontrar os novos contos pedagóxico-culinarios de Cristina F na Tenda Axóuxere.
E de que vai «A COMER!»? De saber que é necesario estar aquí e de educarnos para convivir. Para compartir o espazo, e as tarefas a realizar nel. Para compartirnos a nós, respectando a individualidade de cada quen. Para compartir sorrisos … e rimas … e xogos … e palabras. Palabras nunha lingua que quere ser lida, escrita e falada. Palabras dunha lingua que se quere aquí e agora:viva … para existir.
E cantos contos compoñen a colección «A COMER!»? Catro. No primeiro presentamos os cubertos...
Ler máis/Read more...
A MEDIDA que imos traballando nos libros, van xurdindo (así, de xeito imprevisto) unha serie de outras cousas que aparecen como por arte de maxia. Estas outras cousas moitas veces son como aparicións; asuntos, aspectos, cousiñas que agroman do fondo constante do noso facer. E eses aspectos, esas cousiñas están aí coma faíscas do obradoiro do artesán. Moitas veces relegadas a un segundo plano, pero realmente (por todo o esforzo que puxemos nelas) nun primeiro e forte plano para nós, xa que son ideacións ou ocorrencias que sen nunca agardar que elas foran a aparecer, aparecen....
Ler máis/Read more...
NOVO LIBRO na Colección Polimnia / Cadernos de Combate. Neste caso é Formas da Indefinición, un volume de ensaios do pensador galego Ignacio Castro Rey, adicado á análise da cultura contemporánea e ás formas en que unha disidencia sensíbel é posíbel nun tempo tan abafante en contidos e hiperinformacións. Nel, en Ignacio, e neste volume de ensaios, aparece a presenza do tempo do devir acougado do mundo; ese tempo que é paz e sosego para o pensar, para a percepción, para a contemplación. E tamén, claro, para a activación sociocomunitaria dende novas ópticas, non quietas, non estancas....
Ler máis/Read more...