Novidades

Axóuxere en Galicia Confidencial

Aquí podedes ver un resumo da presentación de Axóuxere Editora, o pasado 16 de Xuño no C.S. A Gentalha do Pichel, editado e publicado polo medio alternativo Galicia Confidencial (pincha aquí para ver a noticia no seu web). Saudiñas.

Ler máis/Read more...

Festa dos Libros Novos

O Sábado 18 de Xuño estaremos conxuntamente con todas as editoras (independentes) integrantes de Pragma Distibucións facendo a nosa festa: a festa libre dos libros novos, dos libros que din non a certas formas de control, de conducta, de terxiversación. Nós estaremos acompañad@s de tod@s @s demais: de Através Editora, Corsárias Editora, Ediçôes da Galiza e Urco Editora. Será a partires das 20 horas no C.S. "A Gentalha do Pichel". Haberá petiscos, música, poesía, presentacións de novidades editoriais e outras sorpresiñas. Estades convidad@s a vir. Programa do Día: 20:30 - Presentación...

Ler máis/Read more...

Presentación de Axóuxere

MAÑÁ Xoves 16 ás 19:30 presentaremos a editora Axóuxere en Santiago de Compostela, no local social A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21 - Compostela). Vente por alí. Estaremos presentando os nosos dous primeiros libros: TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) do anarcosufi Hakim Bey e Chamamento, texto anónimo aparecido en Francia, no ano 2003, polas rúas de París. Falaremos Manu Cebral, Manuel del Río, Rafa Xaneiro e tamén Roberto Abuín. Pero todos, todas, poderedes compartir o voso parloteo no espazo que alí se creará. Despois haberá petisquiños. E, a ver se é posíbel, abrir...

Ler máis/Read more...