AXÓUXERE comeza un novo proxecto, en colaboración coa Universidade Invisíbel (colectivo de pensadores e activistas vinculados á cidade d'A Coruña, e á Universidade Nómada, a nivel estatal), dentro do que se chamará [expect us], colección coordinada entre @s Axóuxeres e @s Invisíbeis. Dentro desta nova colección, comezamos cun proxecto experimental de "escrita colaborativa", desenvolvida por catro membros da Universidade Invisíbel: Antón Fernández de Rota, Carlos Diz, Martín Cebreiro e Rosendo González. En virtude da análise do movemento do #15M como factor emerxente dunha transformación...
Ler máis/Read more...
PRESENTACIÓN do novo libro de Axóuxere Editora, Inmanencia Viral, escrito polo ensaísta mexicano Fausto Alzati (México D.F., 1979). Con este libro comezamos unha nova colección, chamada Polimnia / Cadernos de Combate; textos urxentes, contemporáneos, onde unha mestura entre a reflexión actual e a búsqueda de certezas teóricas nos leve á indagación en discursos, perspectivas, conceptos: nos leve ao artellamento de (na terminoloxía de Gilles Deleuze e Felix Guattari) "máquinas de guerra nómades", é dicir, teorías-artefacto que plantexen dicotomías antagónicas para co tempo actual.
Nesta...
Ler máis/Read more...
O NOSO amigo Iván Sende, pintor, escritor e viaxeiro espiritual tennos agasallado fai un tempiño cun libriño moi cuco, moi bonito: Carabranca. Comezado alá polo ano 2006, que foi cando Carabranca se lle apareceu nos soños, foi rematado no mes de Abril deste ano 2011. Ao rematalo imprimiuno, por conta propia, en edición de autor, en papel munken polar, nun formato de 11'5x17 cms. e 112 páxinas. A ilustración e o texto son del; todo ese ensoño, toda esa fermosura onírica que nos devolve a ser @s nen@s que sempre fomos. Dende esta semana Axóuxere intentando darlle saída á obra de creadores...
Ler máis/Read more...