COMEZOU hoxe o 49º Congreso de Filosofía Nova. E continuará mañá e tamén pasadomañá todo o día (Días 25, 26 e 27). A actual edición do Congreso de Filosofía Nova xira en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas. Interésanlles á organización estas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como este dobre vencello: a arte fainos sentir; mais sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público...
Ler máis/Read more...
Falaban Leibniz, Huxley, e moitos outros, dese saber común, dese stream que corre por baixo de toda tradición, en calquera lugar do planeta, en calquera cultura, para alén das múltiples formas da diversidade, e ao que se referían como filosofía perenne. Chéganos á Tenda Axóuxere, da man da nosa amiga Paz, un libro no que subxace esa corrente; escrito dende a investigación experiencial do seu autor e esteado sobre a tradición de coñecemento antiguo amazónico.
Tawantinsuyo 5.0 móstranos os piares desa cosmovisión, poñéndoa en contacto con outras tradicións nativas americanas...
Ler máis/Read more...
SEGUEN A CHEGAR libros á nosa Tenda, ao tianguis electrónico de Axóuxere; libros que non proceden directamente da nosa editora, mais que portan sentidos que resoan co noso facer e o noso sentir. Eis un exemplo, De Parto a Omega. 10 Anos de improvisación libre, libro que percorre as prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Sala Nasa ata 2011, contextualizando esa magnífica e produtiva experiencia realizada por un grande número de músicos.
O volume contén un DVD con vídeos e audios de concertos de Parto, de OMEGA e da experiencia do Aquófono. Os textos...
Ler máis/Read more...