Cousas

Ensaios Radioativos, novo libro da colección Polimnia

COMA SEMPRE QUE NACE UN LIBRO, coma sempre que se dá ao mundo, coma sempre que as palabras dun autor se revelan flotando sobre a superficie dunha folla antes en branco, alegrámonos con inmensa e inocente alegría (a dos que, con amor, puxeron o seu gran de area no proceso) de poder soster nas mans estes Ensaios Radioativos que Márcio-André (poeta, performer e ensaísta brasileiro) nos achega. Dende a visión da "Contaminación" radioactiva que o autor viviu (segundo el nos conta) en Pripyat: "ali (...) circundado pelo silêncio do fim do mundo, eu fazia, ainda que sem saber, um hino às contaminaçôes,...

Ler máis/Read more...

Mexica Magyar

A comunidade perenne, a que camiña emerxendo en distintos momentos do tempo, en distintos lugares... Aquela que vive, constante, baixo o remorso do mundo, sen nome, unha e diversa; tece os fíos dun relato que se constrúe cara a diante e se comprende cara a atrás, co lume da consciencia, co encontro, co diálogo das almas que comparten o tempo seguras de andar a única dirección posíbel: a dos infinitos camiños. O noso amigo, o escritor mexicano Lorenzo León, entre a comunidade que levaba compartindo unha semana de intercambio e convivencia creativa, paseos, lecturas, experiencias vitais,...

Ler máis/Read more...

A comer!

Xa podedes encontrar os novos contos pedagóxico-culinarios de Cristina F na Tenda Axóuxere. E de que vai «A COMER!»? De saber que é necesario estar aquí e de educarnos para convivir. Para compartir o espazo, e as tarefas a realizar nel. Para compartirnos a nós, respectando a individualidade de cada quen. Para compartir sorrisos … e rimas … e xogos … e palabras. Palabras nunha lingua que quere ser lida, escrita e falada. Palabras dunha lingua que se quere aquí e agora:viva … para existir. E cantos contos compoñen a colección «A COMER!»? Catro. No primeiro presentamos os cubertos...

Ler máis/Read more...