Cousas

Retallos

    A MEDIDA que imos traballando nos libros, van xurdindo (así, de xeito imprevisto) unha serie de outras cousas que aparecen como por arte de maxia. Estas outras cousas moitas veces son como aparicións; asuntos, aspectos, cousiñas que agroman do fondo constante do noso facer. E eses aspectos, esas cousiñas están aí coma faíscas do obradoiro do artesán. Moitas veces relegadas a un segundo plano, pero realmente (por todo o esforzo que puxemos nelas) nun primeiro e forte plano para nós, xa que son ideacións ou ocorrencias que sen nunca agardar que elas foran a aparecer, aparecen....

Ler máis/Read more...

Bon 2012

QUE O NOVO ano traia a tod@s firmeza para as raíces, seiva para as ponlas, e soños para conformar mil horizontes, amig@s.  

Ler máis/Read more...

Zoopolitik – 7 Rounds

Amig@s, Seguindo a batalla semántica, a emancipación dos signos apropiados polo poder e a revolución das conciencias que latexa por baixo da superficie; para alén do espectáculo e alleos a toda norma imperial, damos outro paso co proxecto Zoopolitik, que mañá, sábado 17, será presentado ás 19.30 na Galería Sargadelos (rúa Real, 56) d'A Coruña, formando parte dos obradoiros sobre "A cuestión contemporánea" organizados pola Universidade Invisíbel. Alí estaremos organismos varios vinculados a Axóuxere e á UI, todos involucrados neste "algo" que se está a mover. Compartiremos...

Ler máis/Read more...