Cousas

Zoopolitik – 7 Rounds

Amig@s,

Seguindo a batalla semántica, a emancipación dos signos apropiados polo poder e a revolución das conciencias que latexa por baixo da superficie; para alén do espectáculo e alleos a toda norma imperial, damos outro paso co proxecto Zoopolitik, que mañá, sábado 17, será presentado ás 19.30 na Galería Sargadelos (rúa Real, 56) d’A Coruña, formando parte dos obradoiros sobre «A cuestión contemporánea» organizados pola Universidade Invisíbel. Alí estaremos organismos varios vinculados a Axóuxere e á UI, todos involucrados neste «algo» que se está a mover.

Compartiremos tamén con tod@s @s que veñades «Seven Rounds», publicación que recolle os sete artigos aparecidos no xornal El País co gallo das eleccións «democráticas» do 20N pasado. Artigos de rebeldía, pensamento antagonista e innovación sociovital.

Tamén podedes descargar a publicación aquí.

7 Rounds

1 Comentario

  • Pedro

    1

    Bueno, bueno... De puta madre... Así... Leña...

Deixa un comentario

Os campos marcados cun * son necesarios