Cousas

Carabranca

O NOSO amigo Iván Sende, pintor, escritor e viaxeiro espiritual tennos agasallado fai un tempiño cun libriño moi cuco, moi bonito: Carabranca. Comezado alá polo ano 2006, que foi cando Carabranca se lle apareceu nos soños, foi rematado no mes de Abril deste ano 2011. Ao rematalo imprimiuno, por conta propia, en edición de autor, en papel munken polar, nun formato de 11'5x17 cms. e 112 páxinas. A ilustración e o texto son del; todo ese ensoño, toda esa fermosura onírica que nos devolve a ser @s nen@s que sempre fomos. Dende esta semana Axóuxere intentando darlle saída á obra de creadores...

Ler máis/Read more...

Santa Xema 2.0

"UN DESALOXO, outra okupación", así é a consigna que parece escoitarse detrás da nova okupación realizada fai uns días na Coruña. Un grupo de activistas iniciaron este proceso de okupación fai xa un tempo e concluírono finalmente abrindo o espazo ao público: liberándoo das gadoupas d@s especuladores. O novo centro social okupado é unha finca de 7.000 m2 cunha vivenda de 3.500 m2, que antigamente pertencera ás "Oblatas do Santísimo Redentor". Naturalmente, con ese nome, non pode aludir senón a unha escola de monxas ou algo semellante. O espazo era chamado Santa Xema. Hoxe abreuse...

Ler máis/Read more...

Voces da Chinantla

A través deste documental (Voces da Chinantla, de Anna Paula de Teresa, da "Universidad Metropolitana de México") chega unha reflexión sobre a desestruturación das culturas tradicionais; sobre como a substitución das regras propias dun lugar (dun ecosistema, dunha comunidade, regras que agroman dunha con-naturalidade) en base a criterios alleos a esa forma de realidade, destrúe procesos de desenvolvemento armónico. A través del cabe preguntarse se aquí, en Galiza, que como en tantos outros lugares vimos sufrindo este expolio dende hai moitas décadas, existe aínda a posibilidade de retomar...

Ler máis/Read more...