Cousas

2a Feira Imaxinaria

II FEIRA IMAXINARIA CONTEMPORÁNEA proxecto biopolítico de [anti] produción cultural progressive decrecemento nómade COMO XA veu sendo fonte de traballo creador o ano pasado, alá polo verán, este ano comezan, os nosos irmáns da Feira Imaxinaria, de novo a súa xira nómade arredor de Galiza, arredor dos mil mundos que porta Galiza. A 2a Feira Imaxinaria comeza xa. Apúntate ao carro. Como di o seu fraseo interno: "A Feira Imaxinaria é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza como punto de encontro comunitario de [anti] produción cultural. A cultura como umbral productivo/improductivo...

Ler máis/Read more...

Novas Editoras da Galiza

Xuntámonos onte axóuxeres e outros proxectos editoriais nacidos cos ventos novos (estes que andan á espreita tras de cada respiración), convidados por Novas da Galiza, resistencia impresa en letra propia e autogobernada. Falamos do traballo, de libros, das relacións entre as persoas, de cales son estes estraños ventos que se achegan e non coñecemos ben pero que abrouxan detrás da orella, como queréndonos transmitir unha mensaxe que teimamos en descifrar. Mirámonos para dentro e miramos para fóra, fixemos autocrítica compartindo modelos e procurando outros, referencias que nos acheguen...

Ler máis/Read more...

Os Humildes

HAI moita xente (neste tempo de contemporaneidade) que ten sido esquecida; xente -polo demais- que nunca traizoou a súa propia senda, e que a seguen, esta, con total naturalidade, tal vez con natural indiferenza ante o estourido exterior das alabanzas e das réplicas. Esa xente é do gusto d@s Axóuxeres. Xente coma Manuel Álvarez Torneiro (Coruña, 1932) que sinxelo, modesto e transparente encetou sempre unha verba poética clara e firme; unha verba poética que transmite algo máis do que mera retórica. Unha verba humilde. Dicía Gottfried Brenn, nun dos seus aforismos que: “A poesía...

Ler máis/Read more...