Ensaios Radioativos
Ensaios Radioativos / Márcio-André
98 páxinas / Prezo: 8€
DENDE A VISIÓN da «Contaminación» radioactiva que o autor viveu (segundo el nos conta) en Pripyat: «ali (…) circundado pelo silêncio do fim do mundo, eu fazia, ainda que sem saber, um hino às contaminaçôes, além, claro, de me contaminar, tornando-me, provavelmente, o primeiro poeta radioativo do mundo», este escritor déixanos un feixe de ensaios -orixinalmente publicados en Brasil, na editorial Confraria do Vento, no ano 2008- que van dende a poesía até a deriva nómade por cidades, a modo de tuaregs que van buscando un eixo sagrado nas cousas dun mundo posmoderno. Dende Edward Hooper até a física cuántica, Márcio-André, escritor, poeta, performer e músico brasileiro de alto carácter contaminante, proponnos en Ensaios Radioativos un aprofundamento divertido, lúcido e irónico sobre a realidade que estamos acostumados a definir en termos tan estreitos e paradoxais que, ás veces, esta parece quedársenos ben pequena ou ben aburrida e triste. É este un fresco e intenso conxunto de ensaios.