NOVO LIBRO na Colección Polimnia / Cadernos de Combate. Neste caso é Formas da Indefinición, un volume de ensaios do pensador galego Ignacio Castro Rey, adicado á análise da cultura contemporánea e ás formas en que unha disidencia sensíbel é posíbel nun tempo tan abafante en contidos e hiperinformacións. Nel, en Ignacio, e neste volume de ensaios, aparece a presenza do tempo do devir acougado do mundo; ese tempo que é paz e sosego para o pensar, para a percepción, para a contemplación. E tamén, claro, para a activación sociocomunitaria dende novas ópticas, non quietas, non estancas....
Ler máis/Read more...
AXÓUXERE comeza un novo proxecto, en colaboración coa Universidade Invisíbel (colectivo de pensadores e activistas vinculados á cidade d'A Coruña, e á Universidade Nómada, a nivel estatal), dentro do que se chamará [expect us], colección coordinada entre @s Axóuxeres e @s Invisíbeis. Dentro desta nova colección, comezamos cun proxecto experimental de "escrita colaborativa", desenvolvida por catro membros da Universidade Invisíbel: Antón Fernández de Rota, Carlos Diz, Martín Cebreiro e Rosendo González. En virtude da análise do movemento do #15M como factor emerxente dunha transformación...
Ler máis/Read more...
ESTE é o vídeo da presentación de "Inmanencia Viral" de Fausto Alzati, acontecido o pasado día 4 de Outubro, no Café-Bar Medusa (Praza Salvador Parga, número 1), de Santiago de Compostela. Esperamos que vos guste. E animámosvos a que enviedes o voso material á nosa editora, para publicar nesta nova colección: Polimnia / Cadernos de Combate.
Ler máis/Read more...